Árbol de páginas

Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.

Visibilidade das contas de correo no Directorio 

O Directorio de correos electrónicos da Universidade de Vigo amosa tódolos enderezos dos usuarios que permiten figurar no mesmo. Isto é, só aparecen aqueles usuarios que non marcaran a opción de que os seus datos sexan privados.

...

poderemos validarnos cos nosos datos identificativos e acceder á páxina dos nosos datos, na que poderemos elixir que a nosa conta sexa visible só para usuarios da UVigo, o sexa para tódolos usuarios da Internet, ou ben non sexa visible. É dicir, todos aqueles usuarios que marquen a opción "NON visible (oculto)", non aparecerán no Directorio.

 


Acceso ao Directorio de usuarios 

Para acceder ao Directorio dos usuarios de correo electrónico da Universidade de Vigo que permiten aparecer no mesmo, deberemos entrar primeiramente na nosa conta de correo desde correoweb (https://correoweb.uvigo.es). Unha vez dentro, debemos seleccionar UVIGO Directory na pestana desplegable Contactos, tal como se amosa na figura:

...

Se desexamos ver aos usuarios que aparecen listados según a primeira letra do seu primeiro apelido, poderemos seleccionar esa letra na parte superior dereita, tal e como aparece na figura:

 


Búsqueda de usuarios ou contas de correo no Directorio

Se desexamos facer una búsqueda dos datos asociados a unha conta de correo, ou dos relativos algún usuario concreto (persoa, servizo) dos que figuren no Directorio, faremos o seguinte: Seleccionaremos o símbolo da LUPA que aparece na parte superior xunto ao nome de UVIGO Directory, tal como se sinala na figura

...

según o que desexemos buscar (apelido, nome, enderezo de correo,...) elixiremos o tipo de búsqueda no desplegable de "Encontrar". Asimesmo escribiremos o que buscamos no recadro "Coincidente".

 


EXEMPLO.-

Buscamos ao usuario Perico Palotes Pérez polo apelido. Eliximos os parámetros do seguinte xeito:

...

Comprobamos que interpreta igual maiúsculas e minúsculas no cadro "Coincidente". Para esta búsqueda aparecen varios usuarios, entre os que está o que buscamosaparécenos un só usuario, o que estabamos a buscar

Simplemente, premendo sobre o dito usuario que estabamos a buscar, abrirásenos outra ventá con toda a información que contén o UVIGO Directory acerca do mesmo:

...

Por suposto, calquera modificación dun perfil, non se reflexaría no Directorio Principal da UVigo.