Páginas hijas
  • Axuda da autenticación centralizada da Universidade de Vigo

Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.

Tabla de contenidos

Axuda da autenticación centralizada da Universidade de Vigo

Que é?

É un sistema que permite acceder a diversas aplicacións web da Universidade de Vigo identificándose unha única vez, de xeito que se poida cambiar de aplicación sen necesidade de volverse a identificar.

 


Acceso seguroImage Modified

Como funciona?

Acceder a unha aplicación

Ó tentar acceder a unha aplicación por primeira vez o navegador será redirixido á páxina de "Identificación de usuario" da Universidade de Vigo, na que terá que identificarse, indicando a súa conta de usuario completa (do tipo usuario@uvigo,es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e o contrasinal asociado a esta.Se a identificación é correcta volverá automáticamente á aplicación á que intentaba acceder.

Saír dunha aplicación

Cando prema o botón de "Saír" (ou "Desconectar") dunha aplicación estará pechando a sesión en todas as aplicacións conectadas ao sistema.

En todo caso, para desconectarse recomendamos pechar o navegador (todas as ventanas que estean abertas).


Como me identifico?

No sistema de autenticación centralizado da Universidade de Vigo pódese autentificar de varios xeitos:

No caso dos mecanismos de identificación que empregan un contrasinal ten que ter en conta que o contrasinal do NIU e o da conta de usuario os establece ó utilizalos por primeira vez e non teñen por que ser necesariamente os mesmos.

 


Que pasa se non teño conta de usuario da UVIGO?

Non teño conta de usuario

Se xa non ten vinculación coa UVIGO e por tanto non ten dereito a ter conta de usuario, poderá identificarse para o acceso a algúns servizos mediante o NIU ou tamén mediante un certificado dixital de persoa física da FNMT.

Son alumno, PAS ou PDI, como obteño unha conta de usuario?

Se é un alumno con matrícula activa, ou un PAS ou PDI, ten asignada unha conta de usuario. Pode activala ou establecer un novo contrasinal se o esqueceu dende este enlace.

Para activar a conta pode indicar os datos do seu NIU (NIU, DNI, clave de acceso) ou empregar un certificado da FNMT.
Para autentificarse cos datos do NIU compre dispoñer de ese acceso antes de activar a conta de usuario. Nesta páxina pode atopar un manual que indica cómo facer esta activación.

 


E se non teño NIU?

Para obter o teu NIU ten que acceder a Secretaría Virtual da Universidade de Vigo.

No enlace "Cree o seu NIU" indicaráselle cómo proceder para crear o NIU e contrasinal de acceso se non dispoón de eles.

Tarxeta UniversitariaImage Modified

Esquecín o meu contrasinal

Esquecín o contrasinal da conta de usuario

Se esqueceu o contrasinal da conta de usuario e coñece o seu NIU ou ten un certificado de persoa física da FNMT pode establecer un novo contrasinal dende este enlace.

Podes autentificarse nesa páxina:

  • Indicando os datos do NIU (NIU, contrasinal, número de DNI)
  • Empregando un certificado da FNMT.

Esquecín o contrasinal do NIU

Se esqueceu o contrasinal do NIU pode recuperalo empregando o formulario de recuperación de datos de acceso.

Pediralle a conta de correo que aparece como contacto na Secretaría Virtual, esta será, se vostede é un alumno, a que indicacou durante o proceso de matrícula e, se é un PAS ou PDI, será probablemente a súa conta de correo persoal de UVIGO (usuario@uvigo.es).

 


Teño problemas co certificado da FNMT

Se ten problemas co acceso mediante certificado pode verificar este en:

Se os problemas persisten pode poñerse en contacto co Servizo de Atención ó Usuario (SAUM)) da Universidade de Vigo.

 


Cómo

Como podo modificar as características da miña conta?

As características da conta que pode modificar, a maiores do contrasinal, e o xeito de facelo, o podes consultar nesta páxina.

Como podo comprobar o funcionamento da autenticación centralizada?

Ten dous xeitos de facer esto:

  • Comprobar o funcionamento da autenticación federada de RedIRIS (SIR) 
Qué

Que aplicacións empregan este sistema?

Esta autentificación emprégase para acceder ás seguintes aplicacións web:

Co tempo iranse engadindo máis aplicacións a este sistema.