Árbol de páginas

Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.

...

  • Cada unha das listas de distribución de correo foi creada cun propósito determinado. Non se debe enviar a unha lista mensaxes que non respondan ao propósito da mesma. En caso de que isto ocurra reiteradamente, o administrador da lista poderá tomar medidas pertinentes, tal como a eliminación do remitente nesa lista de correo.
  • Non é admisible o envío de mensaxes ofensivas ou que poidan chocar frontalmente coas indicacións dadas no documento sobre “Normas de uso do correo electrónico” (que poden atoparse no apartado de normativas do ATIC).
  • Non se admite o envío de mensaxes persoais ás listas de correo.
  • Se por algún motivo (que o servidor non estivese dispoñible; que a conta do usuario/a no servidor fora bloqueada ou borrada; que se excederá do espacio asignado no disco; por poñer algúns exemplos...) os correos a un usuario/a dunha lista de correo son devoltos en repetidas ocasións, enviaráselle un correo de aviso ao usuario/a e procederase a borrar esa conta da lista de correo.
  • O tamaño máximo das mensaxes para enviar ás listas, agás que se indique o contrario expresamente, é de 50Kb. Este tamaño non deberá ser excedido nos envíos ás listas.
  • É recomendable remitir as mensaxes ás listas en "texto plano", procurando evitar envíos de mensaxes con formato HTML, especialmente no caso de que conteñan elementos gráficos.
  • Recoméndase que se procure non enviar correos con ficheiros adxuntos ás listas de correo da Universidade de Vigo. Se se desexa facer chegar un arquivo ós membros dunha lista de correo é preferible que sitúe este arquivo nun lugar accesible (nunha páxina web, por exemplo) e envíe á lista de correo as indicacións necesarias para acceder a este arquivo (a dirección da páxina web).
  • Recoméndase que, de respostar a un correo enviado a unha lista de correo, non se faga ao enderezo da lista salvo que se considere que a resposta é de interés para tódolos usuarios da lista. Os correos enviados a listas orixinan gran cantidade de mensaxes (poden ser miles), polo que só ten sentido o seu envío cando poidan ser de utilidade para os destinatarios.
  • Asimesmo, as mensaxes remitidas ás listas de correo poderán ser obxeto de retención por mala praxis cando:
    1. Remisión a varias listas de distribución de correo na mesma mensaxe (xa que o sistema pode entender que se trata de envío de correo lixo ou spam).
    2. Remisión a unha lista e a outros destinatarios na mesma mensaxe (xa que o sistema pode entender que está a facerse unha violación de da privacidade). 

¿Que listas de correo existen?

...