Árbol de páginas

Versiones comparadas

Clave

  • Se ha añadido esta línea.
  • Se ha eliminado esta línea.
  • El formato se ha cambiado.

...

Os usuarios poden establecer as súas propias regras de filtrado non cliente de correo ou no filtrado antiSPAM empregado pola Universidade de Vigo e, se o consideran conveniente ou teñen dúbidas ó respecto, consultar ou denunciar a recepción de estas mensaxes ó administrador do servizo de correo electrónico: postmaster@uvigo.es

Problemas habituais

Non me chega un correo adxunto

Debido á proliferación de correos adxuntos cifrados con contrasinal que conteñen virus e de arquivos executables con virus nos últimos meses de 2020 e inicios de 2021 foi necesario, no filtro antispam que emprega a Universidade de Vigo, filtrar estes adxuntos, nestes casos o remitente recibe unha mensaxe cun enlace á política de adxuntos permitidos no filtro antispam: http://www.rediris.es/lavadora/pol/

En xeral é preferible que empreguen, para enviar arquivos deste tipo, servizos específicos para compartir arquivos: DPV ou OneDrive.

Correos en "cuarentena"

En ocasións algúns filtros de emerxencia (para frenar tipos de virus ou correos de phishing non detectados correctamente por outros mecanismos), serán retidos polo filtro antispam, Lavadora de RedIRIS. 

...