Páginas hijas
  • Uso do Disco Privado Virtual para crear Espazos de Traballo Compartidos
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Cando queiramos compartir unha carpeta como espazo de traballo común con outros usuarios, deberemos seguir os seguintes pasos:

  • Unha vez creado o espazo (carpeta) en "Os meus Arquivos", a seleccionaremos e, co botón dereito do rato sobre ela, elexiremos na ventá que se desplega "enlace público".
  • Abrirásenos unha nova ventá na que agora marcaremos "como espazo de traballo".
  • É nesta última ventá na que poderemos engadir aos usuarios cos que desexemos compartir ese espazo (carpeta) de traballo, así como definirlles os permisos sobre o noso espazo compartido (LER, ESCRIBIR, ou VER, e as posibles combinacións entre eles). Tamén poderemos configurar a opción de notificación de accesos ao espazo de traballo, desmarcando a opción "non visto".
  • Outra opción que se nos brinda desde ahí é a creación dun grupo de traballo no que poidamos ter definidos a varios usuarios, de xeito que poidamos xestionalos conxuntamente no canto de facelo de xeito individual (xestionar un grupo é menos restrictivo, xa que os permisos asignados serán exactamente os mesmos para tódolos membros do grupo). 
  • O sistema permítenos remitir un correo electrónico aos usuarios que engadimos no noso espazo de traballo coa opcion "invita", informándolles da súa incluxión no mesmo e invitándolles, mediante un link de acceso, a visitalo.
  • Unha vez que teñamos seleccionado "Actualizar" (símbolo co diskette) para gardar a configuración do noso novo espazo de traballo, apareceranos en "Os nosos Arquivos" cun símbolo (fracha branca sobre fondo verde) que nos indicará que se trata dun recurso compartido.
  • Asimesmo, figurará tamén na parte esquerda do noso DPV no epígrafe "Recursos Compartido"

 

NOTAS.- 

1.- No noso DPV, en "Recursos Compartidos" aparecen só os que estamos compartindo nós directamente. Os que outros usurios comparten con nós poderemos consultalos en "COMPARTIDO CONMIGO" (na pestana superior esquerda do noso DPV).

2.- Os arquivos compartidos por outra conta aos que temos acceso, non computan a efecto da capacidade do noso espazo. Non nos restan espazo ao total do que nós temos asignado.

3.- Se engadimos algún arquivo ao espazo que outro usuario compartiu con nós (deberemos ter os permisos pertinentes), o tamaño no que aumenta ese espazo compartido réstase do total asignado ao usuario dono dese espazo, non ao noso.

  • Sin etiquetas