Páginas hijas
  • Compartir calendario en Exchange
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Configurar un cliente Outlook para acceso a un servidor Microsoft Exchange para compartir calendarios

Contenido

Servidor Microsoft Exchange para usuarios da reitoría e edificio de xerencia

(advertencia) O servizo para compartir axendas ou para acceso ó correo Microsoft Exchange dase só a usuarios da reitoría e edificio de xerencia.

(advertencia) Non é o servizo de correo que se preste de xeito xeral a usuarios da Universidade de Vigo e non se recomenda dado que non se integra a xestión do usuario con outros servizos, condiciona moito as plataformas dende que se accede ó correo e, sobre todo, non ten un mantemento e seguemento de problemas igual ó do resto do servizo de correo.

Compartir o calendario con outro usuario

Para compartir un calendario de Exchange con outro usuario de Exchange seguiremos os seguintes pasos:

Na aplicación de correo electrónico Outlook (neste caso a versión 2010) seleccione o apartado "Calendario".

Prema no botón dereito do rato sobre o calendario a compartir e a continuación seleccione "Propiedades...".

En "Propiedades" seleccione a opción "Permisos" e a continuación faga clic sobre o botón "Agregar".

Seleccione o usuario co que desexa compartir o calendario.

Finalmente conceda os permisos que desexa otorgar o usuario. Prema no desplegable "Nivel de permiso" para elexir entre unha serie de configuracións ou ben personalize, elexindo na parte inferior, con máis detalle o nivel de acceso que desexa proporcionar.

Acceder ó calendario compartido por outro usuario

(info.) Previamente o calendario ten que ser ofrecido polo outro usuario do xeito que se indica no apartado anterior.

Iniciaremos sesión no cliente (buzón autorizado) que desexa acceder ó calendario de outro usuario e procederemos do seguinte xeito:

Unha vez situado no apartado "Calendario", prema co botón derecho do rato en "Mis calendarios" e a continuación seleccione "Agregar calendario" -> "Abrir calendario compartido..."

Teclee o nome do buzón que quere agregar como calendario compartido, neste caso "bprincipal".

Finalmente xa ten á súa disposición o calendario do buzón seleccionado cos permisos que sobre el se lle concedesen (lectura ou edición).

  • Sin etiquetas