Páginas hijas
  • Compartir arquivos empregando Filesender de Terena
Saltar al final de los metadatos
Ir al inicio de los metadatos

Uso do servizo FileSender de Terena

Este servizo permite intercambiar arquivos para evitar os límites de tamaño do correo electrónico. Estes súbense e descárganse vía web. Este sistema permite enviar avisos por correo a diversos destinatarios e subir e compartir arquivos de ata 100 GB de tamaño.

Para empregalo compre dispoñer dunha conta de usuario do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es

Enviar arquivos empregando FileSender (ata 100 GB)

Para empregalo compre ter unha conta válida do dominio @uvigo.es ou @alumnos.uvigo.es

  1. Conectarse a http://filesender.terena.org
  2. Premer en "Entrar" ("Logon")
  3. Se xa accedeu anteriormente dende o seu ordenador aparecerá un botón cun acceso directo sen necesidade de seguir estes pasos
  4. Se non é así, seleccionar "Spain" como país e, posteriormente, no listado que aparece, "Universidade de Vigo"
  5. Será redirixido ó servidor de autenticación da Universidade de Vigo, onde deberá indicar o seu usuario (do tipo usuario@uvigo.es ou usuario@alumnos.uvigo.es) e contrasinal

  6. Aparecerá agora a páxina principal de Filesender
    Nela pode indicar:
    1. Destinatario do correo (calquera dirección de correo)
    2. Remitente (o seu usuario)
    3. Asunto do correo (Subject) que recibirá o destinatario
    4. Mensaxe a indicar
    5. Data de expiración (Expiry date): Data ata a que estará dispoñible a mensaxe, compre non indicar unha moi distante no tempo por seguridade (para deixar menos tempo dispoñibles os arquivos) e para evitar malgastar espazo nos servidores de Terena
    6. Arquivo
      Os limites de tamaño do arquivo son:
      1. (info.) Se o navegador soporta HTML5, 100 GB. A maior parte dos navegadores modernos soportan HTML 5, polo que tendo un navegador (Firefox, Chrome, Explorer, etc.) actualizado debería ter soporte de HTML 5
      2. Se o navegador non soporta HTML5, 2 GB
  7. Pode comprobar se o seu navegador soporta HTML 5 (e por tanto o límite de tamaño de arquivo é de 100GB) na parte superior dereita da páxina
  8. Subir o arquivo
  9. Premer "Send" para enviar o arquivo
  10. O destinatario recibirá unha mensaxe de correo co arquivo

 

Administrar arquivos enviados a través de FileSender

O usuario pode en calqueira momento administar os arquivos que subiu ata o momento a Filesender, ver cales ten subidos, o seu tamaño, data de expiración ou borralos.
Para elo ten que ir á opción "Mis Archivos" ("My Files"):

 

Recibir arquivos a través de FileSender

FileSender pode ser empregado non só para enviar arquivos grandes., senón tamén para recibilos. Se o remitente pertence á Universidade de Vigo ou a outras institucións académicas ou centros de investigación en Terena pode empregar FileSender do xeito indicado anteriormente empregando a conta de usuario que teña na súa institución de orixe.

Se non é así, FileSender proporciona un método para recibir arquivos de insitucións que non pertenzan a Terena, na opción "Invitaciones" ("Guest Voucher"). As limitacións son as mesmas que as dos usuarios normais de FileSender.

Para enviar unha invitación:

  1. Ir á opción "Invitaciones":

  2. Compre indicar a dirección de correo do remitente ("Invitar a:"), e o asunto e texto da mensaxe de invitación, e premer en "Enviar la Invitación":
  3. A persoa á que invitou recibirá un correo cun enlace a FileSender que pode empregar para enviarlle os arquivos
  4. O usuario pode ver dende a mesma opción "Invitaciones" as invitacións que fixo anteriormente e anulalas se o considera preciso:

 

 

 

  • Sin etiquetas